Martes de Carnaval


(Centro Dramático Galego, 2017)

Dirección: Marta Pazos


“Valle-Inclán desprega nestas pezas a súa capacidade satírica e acidez, para conformar así un bodegón da mediocridade e corrupción de baixa estofa que imperaban nos altos estamentos políticos e militares. Do corazón desta gran chafallada nacional xorden os seus personaxes, vítimas dunha patria que lles pasa por riba como unha apisoadora e contra a que se rebelan coas únicas armas que lles aprenderon: a extorsión, a mentira e a picaresca.”