Commedia


(Contraproducións, 2018)

Dirección: Cándido Pazó

Premios María Casares a Mellor Vestiario, Mellor Actor Secundario e Mellor Espectáculo do Teatro Galego.

“... unha serie de divertidos equívocos e enxeñosos enredos nos que participan algunhas das principais figuras da 'commedia dell’ arte': o cutre taberneiro Brighella, o pedante Dottore, o avaro Pantalone, o fanfarrón Capitano, a encantadora Arxentina... Un argumento que, máis alá do imprescindíbel alarde formal e lúdico, dá pé para xogar criticamente cos manidos tópicos do amor romántico e os riscos do exercicio indiscriminado da sinceridade.”